Tuesday 14 de May de 2024

Encontro de Artesáns e Palilleiras 2016 de Fene e III Feira de Segunda Mán e Troco en San Valentín (Fene)


O vindeiro 30 de Abril celebrárase o Encontro de Artesáns e Palilleiras 2016 de Fene e o 1 de Maio a III Feira de Segunda Man e Troco nas instalación do pavillón de San Valentín da parroquia fenesa do mesmo nome.
Ambos eventos están organizados pola Concellería de Promoción Económica e Turismo.O Encontro de Artesáns en colaboración coa asociación fenesa O Tadetas.
Unhas setescentas persoas mostrarán as súas actividades no Encontro de Artesáns relacionadas co fío e a agulla, como o patchwork, gancho, calceta e bolillos. Ademais os visitantes poderán disfrutar de actividades artesanais como os artesáns de talla de madeira de Sillobre e da Asociación Euroeume, as fiandeiras de Lavandeira e a Escola de Encuadernación de ASPANEPS de Fene.
Como novidades este ano haberá un Obradoiro de Crochet en colaboración coa tenda A Xoaniña de Fene, para nenos, no propio pavillón en horarios de 11 a 14 h. e 16 a 19 h. no cal os inscritos poderán disfrutar da elaboración dun pequeño traballo coa técnica do crochet como xeito de iniciación (para inscrición no obradoiro chamar ao tfno. 881 937 883).
Tamén haberá inchables e xogos tradicionais, así como unha amenización musical polo grupo de gaitas Berros do Castro.
Con anterioridade o venres 22 de Abril presentouse na Casa da Cultura fenesa a publicación “Fene 20 anos palillando” escrita pola historiadora e xornalista fenes María Xesú Arias en colaboración con X.M. Permui da asociación O Tadetas. A publicación, editada polo Concello de Fene, é unHa maneira de recoñecer o traballo das persoas que a o longo de vinte anos xa tiveron a iniciativa de organizar e levar o Encontro de Artesáns ao nivel e recoñecemento que ten na actualidade. No mesmo acto Mario Gallego Reio, mestre e Cronista Oficial do Concello de Meis fixo un relatorio sobre a actividade das palilleiras.
A II Feira de Segunda Mán e Troco celebrase o 1 de Maio no mesmo pavillón e ofrece a posibilidade de mercar ou intercambiar productos de segunda mán.